Dous pequenos agasallos polo Nadal: calendario do ano e o libro «Sandiás, a lagoa de Antela e Nós»

Xunto co calendario que este ano leva como motivo principal o Santuario-Ermida de San Bieito, coa finalidade de promocionar o patrimonio histórico-cultural do Concello, envíase a cada familia o libro «Sandiás, a Lagoa de Antela e Nós» de Alexander de los Ríos que foi presentado o venres 23 de xullo na Casa de Cultura do Concello.

Tratouse da conmemoración do centenario da revista e a Xeración Nós cunha biografía inédita do sandianés Urbano Santana Feijoo, o único limiao que colaborou nesa prestixiosa revista. O libro tamén inclúe textos sobre Sandiás, a Lagoa de Antela  e A Limia escritos por Vicente Risco, Otero Pedrayo e Florentino Cuevillas.

É unha edición non venal gratuita para todas as familias do concello para que disfrutedes da súa lectura.

Algunhas familias recibirán o calendario e o libro a mediados do mes de xaneiro por cuestións organizativas.

Non quedes sen o teu exemplar! Se por calquera circunstancia non chegou á túa casa, podes pedilo no concello indicando a túa dirección e teléfono.

En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?