EDUCACIÓN AMBIENTAL NO BOSQUE GALEGO APELANDO A EMOCIÓN.

INMA SOTO E A SÚA “XELA, AVENTURA NA FRAGA” NO CONCELLO DE SANDIÁS COA FURGOTECA

O luns 1 de setembro ás 11.30 h,  na  Casa da Cultura do Concello de Sandiás acolleu unha actividade moi especial: Contacontos familiar. «Xela, aventura na Fraga”, organizada polas Bibliotecas Móbiles de Galicia e  co que os pequenos e pequenas gozaron unha chea.

 

A proposta levouse a cargo de Inma Soto, educadora ambiental e contadora de historias. Estudou Ciencias Mariñas en Vigo e o Ciclo de Xestión Forestal e do Medio Ambiente natural en Xinzo de Limia.  Xela, Aventura na Fraga, unha oportunidade para mergullarse no bosque galego e despertar a sensibilidade  e o apego hacia o mundo que nos rodea. Creadora tamén de Xuri, o protagonista dun conto sobre lumes forestais

 

A propia Inma no lo indica claramente:  “hai unhas liñas descritivas que definen o meu labor: educación, lingua e natureza. Para min, as tres están unidas. Creo que o enriquecemento dunha favorece ás outras. Unha natureza ben coidada, rica e protexida necesita palabras que a describan. Necesitamos nosas propias palabras. E Xela foi a escusa para achegar a nosa natureza e a nosa lingua á infancia dunha forma amable e a través dunha figura feminina que eu quería que tivesen como referente. Quería que fose unha nena do rural e que falase en galego, que axudase a coñecer nosa propia cultura, a nosa natureza e o noso patrimonio natural e cultural”.

 

Así mesmo, os participantes do campamento concilia aproveitaron para renovar as súas lecturas preferidas. Tamén houbo a oportunidade de incorporar á biblioteca o libriño escrito de forma comunitaria pola veciñanza da aldea de Arcos (Arcos, un pobo con historia e experiencia comunitaria). Unha experiencia interxeracional de preservación da memoria rural desde a toponimia, a arquitectura da auga, os animais domésticos, vida social, labores agropecuarios, comercio, idades da vida, festas, cultura, morte e máis aló, etc… Libro dispoñible para os que se queiran achegarse ás singularidades de Arcos dun xeito sintético e sinxelo desde calquera dos concellos polos que pasa a furgoteca  e tamén desde as 18 aldeas do Concello de Sandiás.

 

 



Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.