EDUCACIÓN AMBIENTAL NO BOSQUE GALEGO COA 𝐅𝐔𝐑𝐆𝐎𝐓𝐄𝐂𝐀 |
O mércores 27 de Agosto de agosto ás 11.00 h, a Casa de Cultura de Sandiás acollerá unha actividade moi especial: Contacontos familiar. «Xela, aventura na Fraga”, organizada polas Bibliotecas Móbiles de Galicia.
A proposta, a cargo de Inma Soto, educadora ambiental e contadora de historias. Estudou Ciencias Mariñas en Vigo e o Ciclo de Xestión Forestal e do Medio Ambiente natural en Xinzo de Limia. Xela, Aventura na Fraga, unha oportunidade para mergullarse no bosque galego e despertar a sensibilidade e o apego hacia o mundo que nos rodea. Xela amósanos a paisaxe que pode ver dende a fiestra, un bosque galego chamado “Fraga”. Que pasará nesta aventura?
𝐇𝐨𝐫𝐚: 11.00 h a 12.00 h
𝐋𝐮𝐠𝐚𝐫: Casa Cultura Sandiás
𝐀𝐜𝐭𝐢𝐯𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞 de balde e aberta a todos os públicos.
- Non perdas esta oportunidade de gozar de Inma Soto contadora de historias, con máis dunha década adicada á divulgación da natureza. Emprega os contos como ferramenta educativa e lúdica para por en valor o noso patrimonio natural e cultural.
AGARDÁMOSTE