O pasado mércores, 18 de Setembro, ás 12:30 horas, o alumnado, pais, nais e avós e educadores do Ceip e o Punto de Atención Infantil de Sandiás achegáronse ao comezo simbólico do curso coa música infantil galega de Maria Faltri e o seu “Picadiscos” e a súa Biblioteca Ambulante.
Preto de 55 participantes disfrutaron dunha combinación perfecta de diversión e aprendizaxe. Cantaron “En galego falo, en galego sinto, en galego canto…”, corearon a María Fumasa, repartiron cintas coas cores do arco da vella mesturándoos e facendo combinacións variadas. Xogaron ao xogo das estatutas conxeladas coa parada da música, bailaron cara atrás e terminaron con ronquidos durmindo e levantándose ao ritmo de música e coas cintas de cores correndo por todo o xardin do colexio. Finalmente pechouse a función co xogo Un, dous, tres, patín inglés.
María Faltri é unha das grandes referentes da música infantil galega que trouxo a Sandiás o seu orixinal Picadiscos. Un espectáculo onde os cativos e cativas puideron cantar, bailar e xogar mentres descubriron a mellor música infantil galega. Unha combinación perfecta de diversión e aprendizaxe.