Encontro en Sandiás sobre o patrimonio inmaterial do Camiño de Santiago: actuacións musicais e desfile dos traxes tradicionais de Galicia

O Patrimonio Cultural Inmaterial maniféstase, entre outros ámbitos, en tradicións e expresións orais; artes do espectáculo; usos sociais e actos festivos; técnicas artesanais tradicionais, etc. Dende a Agrupación Folclórica “Queixumes dos Pinos” presentan os “Encontros sobre Patrimonio Inmaterial no Camiño de Santiago”. Estes encontros tradúcense en varias xornadas dedicadas a música, baile, vestimenta galega, etnografía, contos, lendas e tradicións, que terán lugar en diferentes puntos do Camiño de Santiago, neste caso o sábado 1 de outubro no Concello de Sandiás ás 19:00 na Casa de Cultura.

O programa desenvolverase coa benvida ao acto e unha entrevista a Antero Rodríguez Ordoñez. Este artesán e xastre de vestimenta tradicional expoñerá as técnicas de confección dos traxes tradicionais de Galicia. Continuarase cun desfile de traxes tradicionais e roupa de diferentes puntos da comunidade galega acompañado das explicacións por parte do artesán.

Seguirá unha actuación de pandereteiras “Sons do Miño”- José Antonio Viñas, un acto musical con elementos e unha escenografía baseada na etnografía de Galicia. Finalmente, despedirase o acto.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.