Entre a memoria e a historia da comarca da Limia: Un percorrido narrativo polo arquivo fotográfico do historiador limiao Miro Martínez Cerredelo

A terceira das actividades que se desenvolveu no marco da exposición Cadernos da Limia: Paisaxe, Identidade e Memoria” do fotógrafo Blas González levada a cabo o pasado sábado, 16 de Decembro no Salón de Actos do Concello de Sandiás, tivo  como protagonistas ao arquivo fotográfico da comarca da Limia de máis de 25.000 fotografías  e a Edelmiro Martínez Cerredelo que nos serviu de vehículo para coñecer os rasgos da identidade social limiá.

Grazas ás 32 personas que participaron no acto.

 

O historiador limiao, recoñecido autor de varios libros e publicacións centradas na memoria da Comarca de Limia e concretamente de Xinzo, adicou anos a compilar miles  de fotografías procedentes de diversos álbums familiares nun arquivo baixo o título “Vellas fotografías, vellas historias e que se revelan como nutritivas fontes da memoria colectiva.  Na charla fixo difusión destas imaxe omplementadas con detallados comentarios que lanzaron luz sobre os personaxes e as circunstancias capturadas en cada instantánea. Neste senso, presentou unha ampla serie sobre festas profanas coma o entroido coas pantallas orixinais e vestimentas artesanais e tamén a festa de San Cristóbal, patrono dos automobilistas, serie de festas relixiosas como a Semana Santa, a festa do Corpus ou de Santa Mariña pondo de relieve os típicos sermóns  ameazando co medo ao inferno e a morrer en pecado portal; algunhas instantáneas sobre o urbanismo daquela época coa maioría das casas con baixos ou unha soa pranta. Pasou revista as toureadas e as costumes castelanizadas, afición que proviña da emigración de casteláns a vila. Destacou a festa da Saínza na que participaba moita xente de Xinzo e da que destacou a vestimenta de traxe, a comida e o mantén no chan das praderías. Cerrou a súa narrativa cunha serie sobre automóviles, motos e bicicletas.  Destacou alcumes como “o queima gasolinas” o camión Perkins, a primeira vespa, as motos Guzzi italianas, os diferentes tipos de bicicletas e os motocarros.

 

Esta actividade, ademais de recoñecer o esforzo e compromiso persoal de Edelmiro, quere poñer en valor a importancia da memoria visual colectiva e a necesidade de “axitar o arquivo fotográfico” para resignificarlo e manter vivo o relato no que se fundamenta a identidade dun pobo.

.

En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?