Entre “Arrolos e Contiños” é o nome dunha sesión de cantos e contos con música destinada á xente miúda da casa, especialmente recomendada para nenas e nenos de 6 meses a 3 anos, e que desenvolve Migallas Teatro.
Nesta actividade os máis cativos compartirán un momento de goce e aprendizaxe coas persoas que os coidan e educan, lonxe do ruído e das rutinas cotiás. Os contos e a música que os acompaña van procurar estimular a súa curiosidade e o seu interese pola literatura e a tradición oral en lingua galega xa dende os primeiros anos da súa vida, e contribuirán tamén a espertar a súa sensibilidade musical.
Seguramente uns momentos especiais que seguen a levar cultura, emoción e lingua ás etapas máis temperás da infancia.