Esta semana celebramos o #DíadoLibro, e dende o Concello de Sandiás lanzamos unha actividade colaborativa organizada pola #ConcelleríadeCultura e a #BibliotecaMunicipal para todas as idades e que tuvo a primeira edición o pasado ano con moi boa participación. Animádevos ¡¡¡
Podes colaborar dunha maneira moi sinxela:
👉 Fai unha foto orixinal coa capa do libro visible, recomendando un libro que esteas lendo, que che gustara ou resultara especial por algún motivo, que recomendarías a un compañeiro/a ou familiar.
👉 Envía a foto ao correo diadolibro@sandias.es
👉 Despois, subirémolas todas ás redes sociais.
Axúdanos a potenciar a lectura e a encher de lecturas interesantes as redes!
Celebra o Día do Libro con nós!
Aquí tedes exemplos de fotografías de como facelo.
Os/as autores/as, mediante a participación na campaña, dan o seu consentimento para a publicación e reproducción das súas fotos.