Entrega de tenda de campaña para emerxencias á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Sandiás

Conforme coa Orde do 22 de Xullo de 2024 de subvencións, para o ano 2024, para adxudicación de equipamentos de emerxencias a concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos, ao Concello de Sandiás correspondeulle unha tenda de campaña para emerxencias. Este material pasa a formar parte da dotación da Agrupacion de Voluntarios de Protección Civil de Sandiás. As tendas de campaña están habilitadas para ser despregadas en situacións de emerxencia e ofrecen ademais facilidades para o seu transporte, montaxe e desmonte. Esta nova dotación permitirá aumentar a capacidade da Agrupación de Protección Civil de Sandiás xa que conta con outros moitos elementos, como  coche todoterreo; remolque para emerxencias con electro bomba sumerxible, motobomba para augas residuais, xerador de electricidade portátil, motoserra, rozadora, torre de iluminación e kit de balizamento e sinalización; esparexedor de sal, etc.

Na mañá do sábado, 15 de marzo,  na sede da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) en A Estrada, fíxose  entrega do material  e estivo presente o presidente da Xunta, Alfonso Rueda acompañado do Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes Diego Calvo, e Alcaldes e Concelleiros dos concellos adxudicatarios  así como representantes das AVPC que recibiron as dotacións. Pola parte do Concello de Sandiás estivo presente a tenente alcalde María José Manso e un voluntario de Protección Civil, Fernando Gándara.

O presidente mostrou “o seu orgullo polo labor das agrupacións galegas e asegurou que se atopan entre as que contan con mellores equipos e material de toda España”.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?