Falar con confianza: Sandiás aposta por reforzar as habilidades comunicativas da veciñanza

A Casa da Cultura de Sandiás acolleu na tarde deste luns 3 de Agosto o obradoiro «Comunícate con seguridade: expresión oral e confianza en público», unha iniciativa que reuniu a persoas interesadas en mellorar as súas habilidades comunicativas e gañar confianza á hora de falar diante doutras persoas. Estivo animado por Laura Seara Sobrado de Red Talento Consultoras.

Ao longo da sesión, as persoas participantes aprenderon e puxeron en práctica diferentes técnicas para expresarse con maior claridade, comunicar as súas ideas con seguridade e afrontar con máis tranquilidade intervencións en público. O obradoiro desenvolveuse nun ambiente participativo e dinámico, no que se favoreceron a práctica, a interacción e o intercambio de experiencias entre as asistentes.

Esta actividade gratuíta celebrouse na Casa da Cultura de Sandiás no marco do #Programa #Rosalía, unha iniciativa que impulsa accións formativas e de sensibilización destinadas a promover o desenvolvemento persoal, a participación social e o fortalecemento das competencias da cidadanía.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.