O curso chega ao seu final e queremos celebralo coa nosa comunidade educativa. O mércores 25 de xuño ás 17:30 h, convidámosvos á festa de fin de curso no patio cuberto do CEIP Sandiás.
Será unha tarde especial, chea de momentos para compartir:
Actuación das nenas e nenos
Acto de graduación
Merenda para todas as familias
Obradoiro de pompas
Música e inchable
Unha ocasión para pechar o curso con alegría, acompañando ás crianzas nun día que recordarán sempre.