Festa de outono co punto de atención infantil e o CEIP de Sandiás. «Y el suelo se fue abrigando con hojas, se fue vistiendo de otoño» (J. M. Serrat)

O pasado mércores 30 de Outubro pola mañá o Punto de Atención Infantil (PAI) e o CEIP de Sandiás celebraron conxuntamente a Festa do Outono. Fixeron un roteiro pola aldea de Sandiás cuns disfraces fantásticos acompañados de educadores e familias e gozando co “Truco ou Trato” visitando casas e outros establecementos na procura de lambetadas.

Tamén decoraron os interiores do centro educativo do CEIP coa axuda das familias sobre o outono e o Samaín. Con moita atención os nenos e nenas do CEIP gozaron da película «Coco» inspirada na tradición do día dos Defuntos, e aborda o recordo dos nosos seres queridos tras o seu falecemento.

Pecharon a xornada festiva cunha rica comida e rica sobremesa ademais de xogos.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.