Á festa de outono no PAI, o mércores 30 de outubro acudiron familias ( pais e avós, tíos, irmáns, primos) tecendo comunidade. Os nenos e nenas foron buscar lambetadas que algunha veciña deixou exquisitamente preparadas. Todos participaron na elaboración da merenda e axudaron a facer un pequeno magosto no xardín da escola.
Xogamos no exterior da escola ao xogo de pistas “corre corre cabaciña“, aos “bolos pantasmas” e a “cabaciña comilona de castañas“. No interior da escola, envolto nunha fermosa decoración de outono, tivemos o contacontos “Corre, corre cabaciña” coa axuda de irmáns e primos.
E rematamos o final da festa con música de Uxia Lambona e moitos máis!