O vindeiro 1 de xullo, a partir das 18:15 horas, a Pista Polideportiva de Sandiás acollerá a tradicional Festa Fin de Curso e Graduación, unha tarde pensada para celebrar xuntos o remate do curso escolar.
A programación comezará co desfile infantil, ao que seguirá o acto de graduación e un espazo dedicado aos agradecementos. A partir das 19:15 horas, os asistentes poderán compartir un momento de convivencia con petiscos, ademais de participar en diferentes actividades como o obradoiro “Spa Sandiás”, pintacaras, o tendal, un photocall, música e un inchable para a cativada.
Desde o Concello de Sandiás animamos ás familias a participar nesta xornada tan especial para celebrar xuntos o esforzo, as aprendizaxes e os bos momentos vividos ao longo do curso.
📍 Pista Polideportiva de Sandiás
📅 1 de xullo
🕕 A partir das 18:15 horas