Fin de curso PAI Sandiás

DENDE UN MERGULLO NA PISCINA ATA UN OBRADOIRO SENSORIAL-MOTÓRICO.

FESTA FIN DE CURSO  2025 NO PAI DE SANDIÁS

 

O curso chegou ao seu final e celebrámolo coa comunidade educativa: educadores, nenos e meniñas, pais, nais, avós e representantes do concello no PAI que nestes encontros non só acompañan e axudan nas actividades senón tamén, comparten entre eles facendo comunidade.   A festa de fin de curso foi no patio do CEIP Sandiás o pasado 22 de Xullo. Foi unha tarde moi especial, chea de momentos para compartir, de aprendizaxe e diversión.

 

Houbo un interesante obradoiro sensorial-motórico, actividades variadas ao aire libre, xogos educativos, música de ambiente, un agradecido mergullo na piscina  e unha rica merenda.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?