“Mesmo fogar, mesmas responsabilidades”
Sandiás organiza unha formación en liña sobre corresponsabilidade
Baixo o lema «Mesmo fogar, mesmas responsabilidades», o Concello de Sandiás organiza unha formación en corresponsabilidade centrada no reparto das tarefas domésticas e dos coidados no fogar.
O curso desenvolverase en liña. As persoas participantes poderán acceder aos contidos durante todo o mes de outubro.
O prazo para solicitar información e inscribirse estará aberto ata o 2 de outubro nas oficinas municipais.