O Concello de Sandiás en nome de toda a súa corporación quere agradecer a toda a veciñanza a súa gran solidariedade na campaña de recollida de materiais por Ucraína.
Enviamos 37 caixas de alimentos, 27 caixas de produtos de hixiene e 55 caixas de roupa. En total 120 caixas de materiais (roupa, alimentos, material hixiénico e sanitario).
O destino do material foi o centro loxístico creado pola Deputación de Ourense situado no parque de maquinaria do Polígono de San Cibrao das Viñas e no cal se centralizan todos os envíos. Dito centro esta xestionado por un equipo técnico que recopila toda a información sobre as iniciativas que se xeran na provincia e procura crear sinerxias e optimizar recursos.
Grazas a todas as persoas que colaboraron (clasificando e facendo as caixas e trasladando o material a Ourense), todas as que mostraron a súa dispoñibilidade para axudar, e as que prestaron o seu tempo nos diferentes puntos de recollida nas parroquias (Casa do Concello, tendas, supermercado…).
Grazas de maneira especial á Farmacia de Sandiás polo volumen de material doado.
É o éxito dunha solidariedade compartida.