Despois da presentación o pasado venres 10 de Xaneiro en Sandiás do Proxecto “A Furgoteca” da Xunta de Galicia, presentámosvos agora os dous primeiros roteiros por diversas aldeas do Concello de Sandiás.
Anota hora e lugar para non perder a túa visita!
Roteiro 1. 18 Xaneiro, Sábado
- 00 h-10.50 h Aldea de Sandiás e Coalloso. Punto de parada: Praza do Concello
- 15 h-11.45 h Aldea de Couso de Limia. Punto de parada: Forno de Couso
- 00 h-13.00 h Aldea de Piñeira de Arcos, A Fontela e Arcos. Punto de parada: Residencia Comunitaria Géminas
- 15 h-13.45 h Aldea de Vilariño das Poldras. Punta de parada: Aira da Pata
- 00 h- 14.30 h Aldea de Santa Ana, Novaiño, Ladeira, As Pegas e O Castro. Punto de parada: Aira da Festa en Santa Ana).
Roteiro 2. 31 Xaneiro, Venres
- 00 h-10.30 h Aldea de Cerredelo. Punto de parada: Forno de Cerredelo
- 45 h-11.15 h Aldea de Lavandeira e Zadagós. Punto de parada: Praza ao carón do Pazo
- 30 h-13.00 h Punto de Atención Infantil (PAI) e CEIP de Sandiás
- 15 h-13.45 h Aldea da Chousela, Corga e Cardeita. Punto de parada: Escolas da Corga

A Furgoteca dispón dunha ampla e variada colección de libros actualizados de todos os xéneros literarios, informativos e de consulta e aqueles adaptados a persoas con diferentes necesidades lectoras. Ademais, ten cine, videoxogos, prensa diaria, revistas e tamén dispositivos electrónicos, como tabletas, consolas e lectores de libro electrónico para facilitar o acceso aos contidos dixitais a todas as persoas que queiran sen necesidade de desprazarse. O acceso a estes recursos é totalmente gratuíto e tan só hai que facer o carné de usuario da biblioteca da Xunta para poder utilizar en préstamos todos estes recursos relacionados coa lectura.
O programa pretende desenvolverse de forma permanente seguindo diferentes roteiros establecidos en cada concello. Gocemos deste servizo de animación lectora que nos achega multitude de recursos a cada unha das aldeas do Concello facilitando así as consultas e préstamos e adaptándose as necesidade dos veciños e veciñas.