HORTO ECOLÓXICO NO PATIO ESCOLAR DO PAI E O CEIP DE SANDIÁS

UNHA ESTRATEXIA EDUCATIVA PARA CONECTAR CO MEDIO AMBIENTE E UNHA ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Entre os variados servizos do Ceip de Sandiás para o curso 2024-2025 figura un Horto Escolar. Xa hai bastante tempo que o programa Voz Natura da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre seleccionou o tema dos hortos como un dos eixos centrais das súas propostas co obxectivo de achegar aos máis pequenos á agricultura ecolóxica como un medio para poñer en valor a súa contorna e mellorar a súa calidade ambiental, á vez que se fomenta a alimentación saudable.

Con esa finalidade o Obradoiro de Emprego Xinzo-Sandiás realizou varios bancales en madeira para facer un horto escolar tanto para o Punto de Atención Infantil (PAI) como para o Ceip de Sandiás.

Ámbalas dúas institucións educativas de infantil e primaria levarán a cabo un proxecto didáctico sistemático común cara o próximo ano.  A continuación preparáronos cunha boa base de drenaxe e enchéronos de terra enriquecida. Agora só queda que coa primavera e o comezo do verán os nenos e meniñas poñan en marcha previa formación a través de obradoiros  os primeiros traballos de sementeira

Agradecemos ao Obradoiro o traballo realizado e a gran axuda prestada.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?