I Exposición de costura, recreación histórica do oficio nos anos 50-60 e homenaxe as costureiras e xastres das aldeas do Concello de Sandiás

O sábado 26 de Outubro desenvolveuse a I Exposición de Costura na Sala de Exposicións do Concello de Sandiás chea de veciños e veciñas das distintas aldeas do Concello. Grazas ás 87 personas que acompañaron o traballo de 6 meses dun grupo de veciños e veciñas nun traballo de creación colectiva.  Presentou o evento o alcalde Felipe Traveso agradecendo o traballo de Geni Losada e a creatividade do grupo e entregándolle en nome do concello unha costureira da fábrica de Sargadelos coa máquina na cabeza. Unha veciña, Encarna, representante do grupo do obradoiro fíxolle entrega tamén dun precioso ramo de flores en agradecemento polo seu traballo.

Geni Losada tomou a palabra narrando as partes da exposición e detalles sobre as pezas de costura e a recreación histórica do oficio (fíos, tixeiras, fotografías históricas, máquinas Singer, etc). O concelleiro de cultura Pepe Gándara fixo lectura pública dos nomes dos veciños e veciñas costureiras e xastres das distintas aldeas homenaxeados facendo tamén unha referencia aos anónimos pero presentes en dito evento. A continuación, os asistentes dedicaron tempo para observar e facer faladoiro sobre a exposición. Finalizamos todos no local social compartindo uns petiscos.

 

Exposición de 50 pezas en maniquíes, vainicas e bordados

A exposición que leva por título “O ollo da agulla. Creando e diseñando coas nosas mans” que se mostra na Sala da Casa da Cultura de Sandiás constou dunha exposición de cincuenta pezas de roupa en maniquíes, exposición de vainicas e bordados, reproducción dun obradoiro do oficio artesanal da costura dos anos 50. A exposición foi froito do Obradoiro de Costura que se desenvolveu no Local Social animado por Geni Losada e que contou con 24 persoas participantes que puxeron a proba a súa iniciativa e creatividade cos seus proxectos de patronaxe e confección.

Reproducción dun Obradoiro do oficio artesanal da Costura dos anos 50. Homenaxe aos xastres e costureiras

Aproveitando o obradoiro de costura, Geni Losada adicou tempo tamén a recreación histórica dun taller deste oficio artesanal nos anos 50 e 60 en homenaxe os xastres e as costureiras da época. Sin pretender nombrar a todos e todas, podemos deixar constancia de xastres como Enrique Montero, Xosé Gándara (“O Xastre”) e Pepe Gómez de Piñeira de Arcos; Francisco Teijeiro e David Blanco de Vilariño das Poldras e Xosé Quintas da aldea de Sandiás. Costureiras como Raquel Prieto, María Feijóo (“A Muiñeira”), Josefa Rivero (“ A Manganta”), Carmen Manso (“ Punteira”)  e Francisca (“A Muda”) da aldea de Piñeira de Arcos;  Nieves Pérez, Maruja e Josefa Conde da aldea da Corga; Cristalina Fernández, Francisca, Manuel (Furreca), e Filomena (Caleira) da aldea de Arcos; Dina Feijóo e Asunción da aldea de Sandiás; Dorinda Morán e Encarnación García da aldea de Cerredelo; Bernardina, Trinidad García e Julia Teijeiro da aldea de Vilariño das Poldras; Gracia Teijeiro, Antonio e Angel García da aldea de Couso de Limia; Mercedes da aldea do Castro, Generosa e Víctor Meno da aldea da Fontela e outros e outras anónimos pero que tivemos presentes no momento do acto.

Tense xa desde moi antiguo, constancia do traballo de coser feito por mulleres e homes no concello. Os talleres ou a casa eran lugares de traballo mais tamén de risas e confidencias, mundos e espazos para aprender novos saberes e tamén para mirar o mundo.

A maior parte das veces este oficio realizábase traballando polas casas. Certas casas solían pedir ao mesmo tempo o xastre e a costureira. Se ías traballar así era bo contar cunha máquina de coser. Xa en 1876, no semanario O Tío Marcos d’a Portela, aparecía un anuncio en galego falando da máquina de coser Singer e ofertando grandes descontos na venda ao contado. Nos anos 50 e 60, tamén comeza a haber homes e especialmente mulleres que traballan na casa cosendo para unha fábrica que lles daba as pezas xa cortadas…

A xente corrente, nas aldeas, tiña un roupeiro moi escaso e evitaban cámbialo dándolle tiróns as perneiras, rifando as nais cos nenos si traían a roupa estragada, lavaban as camisas aparte, usábanse mandilóns, blusas e monos para non manchar a roupa, tinguían de negro e abrigábanse máis no inverno. Tamén estaba moi espallada a “cultura do remendo” habendo ata cestos de remendos.

 

 

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?