I visita guiada ao patrimonio militar da arquitectura medieval: A Torre do Castro no contexto das Torres da Comarca da Limia

O próximo sábado 27 de xullo, o Centro de Interpretación da Lagoa de Antela  no Concello de Sandiás organiza a I Visita Guiada ao Patrimonio militar da arquitectura medieval: a Torre do Castro no contexto das Torres da Comarca da Limia.

A “Cultura no Verán” non para tampouco en Sandiás. Despois do éxito das Visita guiadas dos anos pasados ao Pazo do Telleyro e o Patrimonio Xeolóxico das Areeiras de Sandiás, este ano volve un novo roteiro dirixido por Jorge Abraham Vila, actualmente profesor do IES Cidade de Antioquia en Xinzo de Limia. Foi tamén profesor colaborador da Facultade de Historia da Universidade  de Vigo e membro do grupo de investigación “Sociedade, poder e territorio”, do departamento de Historia Medieval da Universidade de Vigo. Con diversos estudos acerca das Torres e Castelos da Comarca da Limia.

 

A visita guiada realízase o sábado 27 de Xullo de 2024 en dous tramos horarios (sesión):

  • A primeira sesión (charla) entre 11.00 h-12.00 h
  • A segunda sesión (visita “in situ”) ao carón da torre, entre 12.30-13.30 h

 

O lugar de encontro para a realización da actividade é o Centro de Interpretación da Lagoa de Antela (fronte a Casa da Cultura do Concello). As inscripcións quedarán rexistradas en riguroso orde de chamada ao teléfono do Concello de Sandiás (988 46 50 01). A actividade é gratuita.

Aproveita a oportunidade para descubir o territorio e o papel xogado polas fortalezas e castelos da Alta Limia, obxectos e lugares inéditos da torre despois das obras de consolidación (cerámica, troneiras internas, escaleira interior, adarve ou paseo de ronda…), visionado de documentos medievais onde se fai mención da torre, hipótese sobre a súa orixe e derrumbamento, o papel xogado polas revoltas irmandiñas, o cerco a torre do Duque de Lancaster, as diferentes titularidades en mans da nobreza laica (Nóvoa, Pimentel, Osorio…) e moitos máis misterios fascinantes.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?