I Visita guiada pola torre do Castro en Sandiás: Unha visita con ciencia histórica, memoria e imaxinación

Despois do éxito das visitas o Patrimonio das Areeiras de Sandiás e ao Pazo do Telleyro en Couso de Limia os anos pasados con máis de dous centenares de demandantes da actividade, este ano culminou un novo roteiro o pasado sábado 27 de Xullo no Centro de Interpretación da Lagoa de Antela (Concello de Sandiás) e no outeiro da Torre do Castro de preto corenta e cinco participantes provenientes da Comarca da Limia (Xinzo de Limia, Piñeira de Arcos, Ganade, As Pegas ), Allariz, Xunqueira, Vizcaya, Pereiro de Aguiar, Trandeiras, Vigo, etc en dúas quendas de mañá (charla e visita guiada) executado de maneira maxistral e moi didáctica con ciencia histórica, memoria e imaxinación por Jorge Abraham Vila, actualmente profesor do IES Cidade de Antioquia en Xinzo de Limia. Foi tamén profesor colaborador da Facultade de Historia da Universidade  de Vigo e membro do grupo de investigación “Sociedade, poder e territorio”, do departamento de Historia Medieval da Universidade de Vigo. Con diversos estudos acerca das Torres e Castelos da Comarca da Limia.

A visita supuxo unha magnífica oportunidade para descubrir o territorio e o papel xogado polas fortalezas e castelos da Alta Limia, unha aproximación xeográfica a comarca, o xurdimento dunha arquitectura fortificada e o seu contexto, a Torre do Castro en Sandiás e os obxectos e lugares inéditos da torre despois das obras de consolidación (cerámica, troneiras internas, escaleira interior, adarve ou paseo de ronda…), visionado de documentos medievais onde se fai mención da torre, hipótese sobre a súa orixe e derrumbamento, o papel xogado polas revoltas irmandiñas, o cerco a torre do Duque de Lancaster, as diferentes titularidades en mans da nobreza laica (Nóvoa, Pimentel, Osorio…) e moitos máis misterios fascinantes os cales se lle deron resposta cumplida na visita guiada “in situ” ao outerio da torre.

Tamén a memoria e a imaxinación xogaron un importante papel na visita. Jorge Abraham pasou revista tamén a algunhas lendas no momento do peche da charla. Coas lendas as máis das veces hai que ser moi prudente dado quen moitas ocasións, as lendas condúcennos á historia.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?