Comunícase a tódolos veciños e veciñas que está a ter lugar a II Campaña de Compostaxe. Dita campaña, a prol do coidado do medio ambiente, está organizada por SOGAMA e pola Deputación de Ourense, e a nivel local conta coa colaboración do Concello de Sandiás.
Requisitos de participación:
- Ter a primeira residencia en calquera dos concellos da provincia de Ourense (agás Ourense cidade).
- Non ter participado en campañas anteriores de fomento da compostaxe doméstica promovidas pola Deputación de
Ourense. - Ter un mínimo de 50 m2 de horta ou xardín.
- Compromiso de estar presente na túa casa durante as 2 visitas previstas nesta campaña.
Métodos de inscrición:
- Cubrir un formulario impreso na propia Casa do Concello de Sandiás en horario de oficina (de luns a venres de 09:00 a 14:00).
- Chamando ao Concello (988 465 001) no horario de oficina.
- Cubrir o seguinte formulario online.
O prazo de rexistro das inscricións é ata o 15 de outubro ás 14:00.
Anímate a poñer o teu gran de area para coidar o medio ambiente. Accións sinxelas, axudan a lograr grandes obxectivos.