SUMARIO
Providencia de Alcaldía do Concello de Sandiás pola que se dispón o inicio do trámite de consulta pública de aprobación de ordenanza municipal de protección contra a contaminación acústica.
TEXTO
De conformidade co previsto no artigo 133.1 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, co obxectivo de mellorar a participación dos cidadáns no procedemento de elaboración de normas, con carácter previo á elaboración do proxecto de Ordenanza municipal de protección contra a contaminación acústica, solicítase a opinión dos suxeitos e das organizacións máis representativas potencialmente afectados pola futura norma acerca de:
a) Os problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa.
b) A necesidade e oportunidade da súa aprobación.
c) Os obxectivos da norma.
d) As posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias.
Os cidadáns, organizacións e asociacións que así o consideren poden facer chegar as súas opinións
sobre os aspectos expostos no seguinte cuestionario durante o prazo de vinte días a contar desde o día
seguinte ao de publicación do presente anuncio na web municipal, mediante a súa presentación en
calquera dos lugares indicados no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento
Administrativo Común das Administracións Públicas.
Problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa.
- Inexistencia de Ordenanza municipal adaptada.
- Delimitación dos niveis de tolerancia nos comportamentos veciñais e no medio ambiente exterior
- Determinación das áreas de sensibilidade acústica, zonas acústicas, e plans zonais específicos no ámbito municipal, sen prexuízo da aprobación dos mapas estratéxicos de ruído e os plans de acción correspondentes, iso sen menoscabo das competencias atribuídas á Administración do Estado ou á Comunidade Autónoma de Canarias.
- A necesidade de establecer un réxime sancionador moderno, adaptado ás actuais circunstancias e orientado á concienciación cidadá e respecto ao medio ambiente.
Necesidade e Oportunidade da súa aprobación
A Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído, efectuou a transposición ao dereito interno español da Directiva 2002/49/CE, do Parlamento Europeo e do Consello, do 25 de xuño de 2002, sobre avaliación e xestión do ruído ambiental. A devandita lei foi desenvolvida por dous reais decretos o Real decreto 1513/2005, do 16 de decembro, polo que se desenvolve a Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído, no referente á avaliación e xestión do ruído ambiental, e o Real decreto 1367/2007, do 19 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído, no referente a zonificación acústica, obxectivos de calidade e emisións acústicas. Posteriormente aprobouse o Decreto 106/2015, do 9 de xullo,
sobre contaminación acústica de Galicia e a ORDE do 26 de novembro de 2018 pola que se aproba a proposta de Ordenanza de protección contra a contaminación acústica de Galicia.
Existe, por tanto unha normativa de ámbito estatal e autonómico e a
previsión nesa normativa da aprobación polos Concellos dunha
ordenanza.
Obxectivos da norma
Fomentar a protección acústica e cumplimento da normativa básica estatal e a Autonómica.
Posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias
Resulta preciso aprobar unha Ordenanza Municipal de protección contra a contaminación acústica porque actualmente este municipio carece de toda clase de regulación adaptada.
O ALCALDE
FELIPE TRAVESO GARCÍA