O mércores 13 de setembro foi o día no que a Xunta asumiu a tarefa de retirada de niños de Velutina no Concello de Sandiás ante doce avisos que estaban en espera. Dita retirada realízase a través do encargo á empresa pública Seaga. Os puntos onde estaban situados os niños eran as aldeas de Cardeita, Sandiás, Lavandeira, Fontela, As Pegas e Piñeira de Arcos.
Semanas antes xa interviñera Protección Civil de Sandiás nalgún caso de niño urxente, con dimensións moi grandes e moi próximo a zonas habitadas retirando con pértegas.
A empresa Seaga interveu no resto dos dez niños. Algúns deles foron retirados con pértegas de fibras de carbono e na maioría actuouse mediante marcadores de aire comprimido de gran alcance. Un dos niños situado na aldea de Sandiás estaba xa inactivo.
Segundo os especialistas, é moi importante dar coas raíñas porque estas xeran para o vindeiro ano centos delas, o que implicaría centos de niños e compre frear a expansión.
A responsabilidade de eliminar ditos niños é da Xunta de Galicia por iso hai que chamar o teléfono que se indica a continuación. É moi importante que os veciño@s avisen no teléfono indicado cando detecten un niño de avespa velutina para minimizar o seu impacto e frear o seu avance en Galicia, sobre todo nesta época do ano que coincide coa súa maior proliferación.
RECORDADE: VIXILANCIA E CONTROL FRONTE A VESPA VELUTINA
- Para informar dun niño de velutina, chama ao 012
- Máis información en EidoLocal.