O luns 4 de agosto ás 19:00 h terá lugar no Pavillón Municipal de Sandiás unha sesión práctica de ioga e pilates terapéutico, dentro do Programa Rosalía.
A actividade está pensada para mellorar a saúde física, reducir tensións e gañar benestar. Está dirixida a todas as mulleres e será de balde.
📍 Pavillón Municipal – Sandiás
📅 Luns 4 de agosto – 19:00 h
Para máis información, podes contactar co teu concello ou chamar ao 685 211 882.