Limisi de xinzo de limia e a escola de danza la bayadére de allariz na actividade polo día da muller no pai de Sandiás co mural “a miña mamá é especial”

o punto de atención á infancia (pai) de sandiás celebrou o día da muller cunha xornada chea de aprendizaxes e diversión arredor do mural titulado “a miña mamá é especial”. a actividade permitiu que os nenos e nenas coñecesen de primeira man diferentes profesións grazas á participación de varias nais da escola.

 

na primeira parte da xornada participaron dúas mamás da escola, sory e estefi, traballadora social e psicopedagoga do limisi. ambas acudiron acompañadas de dúas usuarias do centro, sonia e sofía. durante a súa visita explicaron de maneira sinxela e adaptada aos máis pequenos o traballo que realizan no limisi e como axudan ás persoas no seu día a día. tras a explicación, compartiuse un tempo de xogos con sonia e sofía, que fixeron as delicias dos pequenos. ademais, trouxeron uns agasallos moi especiais para os nenos e nenas: unhas pelotiñas de cores moi divertidas que foron recibidas con gran entusiasmo.

 

a xornada continuou coa participación de brenda, directora da escola de danza la bayadére de allariz. acompañada da súa escola, propuxo unha serie de exercicios e pequenos bailes cos que gozaron non só os nenos e nenas, senón tamén as profesoras e outras mamás presentes.

 

con esta actividade, o pai de sandiás quixo poñer en valor o papel das mulleres e achegar aos máis pequenos diferentes realidades profesionais, celebrando o día da muller nun ambiente de convivencia, aprendizaxe e diversión.

 

 

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.