Voluntariado Ambiental nas Areeiras da Limia en Sandiás
Fomentando a concienciación ambiental e o desenvolvemento sostible.
Sábado, 29 de novembro
11:00 – 13:30 h
Punto de encontro
. Sandiás. Casa do Concello ás 10.45 h
. Xinzo de Limia: Rúa Sitibal (rúa que remata na rotonda do Pasión), ás 10.45 h.
. Punto de encontro final: Observatorio 2 ou Casa dos Terróns nas Areeiras ás 11.00 h
Unha andaina circular de 4 km onde nos uniremos para recoller lixo e desfrutar deste fermoso entorno natural.
Únete e colabora coa natureza!
- A inscrición é gratuíta e pode realizarse previamente nas oficinas do Concello de Sandiás (988 465 001) ou a través do correo electrónico do CDR O Viso (areaambiental@cdroviso.org).
O sábado 29 de novembro de 2025, o CDR O VISO, en colaboración co Concello de Sandiás, levará a cabo unha nova actividade de recollida de lixo comunitaria nun tramo circular de 5 km no entorno natural das Areeiras da Limia, consideradas como Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA). A recollida, aberta á participación de todos os veciños e veciñas de Sandiás e dos municipios próximos, comezará ás 11:00 horas. Antes de iniciar a actividade, os organizadores ofrecerán unha breve introdución de boas prácticas ambientais e explicarán o desenvolvemento da xornada. Proporcionaranse materiais de limpeza (luvas e bolsas) para garantir o bo desenvolvemento da actividade, que rematará cunha pequena merenda para recuperar forzas despois do traballo realizado.
Os obxectivos da xornada son:
- Promover a conciencia ambiental entre as persoas participantes e a súa colaboración na protección e conservación dos espazos naturais.
- Fomentar a inclusión e participación equitativa, fortalecendo o tecido social.
- Limpar e restaurar o entorno natural, un hábitat de alto valor ecolóxico.
A actividade forma parte das accións conxuntas para fomentar a concienciación ambiental e o desenvolvemento sostible, co obxectivo de protexer e preservar o patrimonio natural da rexión.
Esta actividade forma parte do programa Voluntariado Ambiental, financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, dentro da subvención para a implantación de programas de interese social con cargo á asignación fiscal do 0,7% do IRPF.
Concello de Sandiás
Cdr O Viso