LIMPANDO O CAMIÑO: voluntariado ambiental en Sandiás

O vindeiro sábado 12 de abril de 2025, anímate a participar nunha actividade de voluntariado ambiental para coidar o noso contorno natural. Realizaremos unha ruta circular de 5 km nas Areeiras da Limia, no concello de Sandiás, durante a cal recolleremos o lixo que atopemos ao noso paso.

Unha iniciativa de sensibilización e respecto pola natureza que rematará cun pequeno picoteo ao final da actividade como agradecemento pola colaboración.

🗓 Data: Sábado, 12 de abril 2025
🕒 Hora: de 11:00 a 13:30
📍 Localización: Areeiras da Limia, Sandiás
📌 Puntos de encontro:

  • Xinzo: Rúa Sitibal 1 (xunto á rotonda do Pasión) ás 10:45 h

  • Sandiás: Casa do Concello ás 10:45 h

📞 Inscricións ata o 10 de abril nos teléfonos:
988 465 001 / 988 461 571

🌿 Únete e colabora cun futuro máis limpo e sostible!

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?