Actuacións da Brigada de Limpeza de Aprol e do Obradoiro de Emprego no interior dos núcleos de poboación
Comezou a traballar a finais do mes de maio a brigada de limpeza polas aldeas dos núcleos de poboación do concello. Unha delas en base ás subvencións concedidas por Aprol formada por tres persoas (fomento do empleo no medio rural). Adicados especialmente a limpeza de beirarúas, cunetas e outros espazos públicos no interior das aldeas. Veñen traballado na aldea de Sandiás, ao carón da entrada da igrexa de Santo Estevo, na estrada secundaria en dirección a aldea das Pegas, Cerredelo, A Fontela, Piñeira de Arcos, Camiño depuradora Vilariño das Poldras, Ermida de San Bieito, Coalloso, Santa Ana, A Chousela, Zadagós, A Corga, Ladeira, Cardeita… e así sucesivamente ata completar todos os núcleos de poboación. Tamén estiveron realizando labores de limpeza e mantemento de zonas axardinadas e limpeza en zonas urbanas o “Obradoiro de Emprego Peregrino” posto en marcha en colaboración co Concello de Xinzo de Limia.
Limpeza da contorna das casas e das áreas de biomasa da contorna das aldeas
Respecto a limpeza na contorna das vivendas compre lembrar que a Lei 3/2007 do 9 de abril de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia, establece faixas e perímetros de protección de 50 metros. A Lei de Incendios obriga aos propietarios/as á limpeza de terreos e fincas comprendidas neste perímetro de 50 metros ao redor de chan urbano, núcleo rural, edificacións, vivendas illadas ou urbanizacións.
Deixámosvos un álbum de fotos do traballo feito ao longo destes meses no interior dos núcleos de poboación. Con anterioridade xa se informou da limpeza e roza co tractor desbrozadora e da posta a punto das áreas recreativas. Queda por informar do traballo que se está a realizar nos múltiples camiños e corredoiras por parte da Brigada de Prevención e defensa contra incendios forestais.