Limpieza e desbroces nas cunetas de estradas e camiños secundarios, da contorna das casas e das áreas de biomasa da contorna das aldeas do concello de Sandiás

Actuación tractor desbrozadora do Concello

Dende o mes de maio ten actuado o  tractor desbrozadora do Concello de Sandiás realizando desbroces preventivos de cunetas de estradas secundarias próximas e afastadas dos núcleos de poboación por todo o concello. Ten actuado neste mes nas zonas de Vilariño das Poldras e arredores, zona da aldea de Arcos, Cardeita, Lavandeira, As Pegas, O Tesiño, área ao redor da Torre do Castro, ao carón da Igrexa de Santo Estevo, zona da Depuradora de Sandiás, estrada en dirección a aldea de A Fontela, dende a aldea de Cardeita ata o Canal da Lagoa, Santa Ana, área dende o Novaiño ata aldea da Ladeira, estrada dende a aldea de Piñeira de Arcos ata a aldea da Corga, estrada da Corga a Bustelo, tres entradas na aldea de Zadagós, da Chousela a Zadagós, Fonte do Forno en Couso, camiños aos depósitos de Piñeira de Arcos e Novaíño.  Nos próximos días continuará co resto das zonas pendentes de limpeza.

Limpeza da contorna das casas e das áreas de biomasa da contorna das aldeas

Respecto a limpeza na contorna das vivendas compre lembrar que a  Lei 3/2007 do 9 de abril de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia, establece faixas e perímetros de protección de 50 metros. A Lei de Incendios obriga aos propietarios/as á limpeza de terreos e fincas comprendidas neste perímetro de 50 metros desde edificacións e vivendas.

O prazo de realización das limpezas estenderase ata o 31 de maio de 2024, inclusive.

Polo tanto recordámoslle e animamos a veciñanza a obriga legal da limpeza das fincas e terreos e cumprir coas medidas de prevención de incendios. Compre seguir crecendo en sensibilidade na limpeza e roza das áreas de biomasa da contorna dous núcleos de poboación tanto nas parroquias non priorizadas como na priorizada (Santo Estevo de Sandiás).

Deixámosvos un amplo álbum de fotos.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?