Luis Menor, presidente da Deputación, visitou o Concello de Sandiás para comprobar o estado das obras do pavillón de deportes

O presidente provincial, Luis Menor, acompañado de Silvia Dorado, secretaria territorial da Xunta de Galicia en Ourense, e de Manuel Pérez, xefe do Servizo Provincial de Deportes, visitaron o pasado mércores o Concello de Sandiás, onde foron recibidos polo alcalde Felipe Traveso e varios concelleiros do equipo de goberno, e comprobaron o estado das obras do pavillón no que a Deputación de Ourense, a Xunta de Galicia e o Concello achegaron 400.000 euros para a súa ampliación e novo peche.

Luis Menor destacou a cooperación da Deputación e a implicación da Xunta na mellora do polideportivo de Sandiás, e sinalou esta infraestrutura como “clave” para mellorar a calidade de vida dos veciños. Agradeceu tamén a implicación do goberno autonómico con “investimentos fundamentais” para a provincia. O peche e a ampliación foron froito dun convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades; a Secretaría Xeral para o Deporte; a Deputación Provincial de Ourense e o Concello de Sandiás, cun investimento de preto de 400.000 euros.

O alcalde de Sandiás, Felipe Traveso, puxo en valor a “gran utilidade” que suporá para a veciñanza este servizo, que permitirá un uso polivalente por parte dos rapaces do Punto de Atención Infantil, do CEIP de Sandiás e da veciñanza das distintas aldeas, nunha gran iniciativa por fomentar o deporte local.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?