Mago Teto en Rock «N» Magic en Sandiás. Un espectáculo único mestura de maxia e musical de Rock and Roll

Grazas ás preto das 160 persoas participantes, veciños e veciñas de Sandiás, da Comarca de Xinzo de Limia, provincia de Ourense e demáis lugares de Galicia. O espectáculo do Mago Teto tivo lugar o pasado Sábado, 17 de Agosto ás 21.00 h na praza de Dona Irene chea de xente para compartindo o magnífico espectáculo.

As dúas grandes pasións do Mago Teto: Rock and Roll e Maxia en directo

Héctor Guerra é o nome tras a figura do Mago Teto, que conquistou tanto a maiores como a crianzas co seu espectáculo, Rock ‘N’ Magic, combinando dúas das súas grandes paixóns.

Rock “n” Magic dirixido por Fran Rei foi un espectáculo único protagonizado polo Mago Teto onde se mesturaron as dúas pasións do Mago Teto: o espectáculo de maxia e o repaso a banda sonora do seu periplo vital polos clásicos do rock and roll. O seu talento  xungido ao de Fer Risco na batería e  Mon Orencio na guitarra, constrúen un espectáculo con música interpretada en directo onde a maxia convive con hits, temazos e verdadeiros clásicos do rock and roll como Led Zeppelin, Bob Dylan, Os Suaves, AC/DC… nunha gran posta en escena, a través dunha banda en directo,  unha iluminación espectacular e unha gran experiencia teatral ligada a maxia.

Un repertorio de músia e maxia combinado con moito humor, son, coidada iluminación e implicación do público que encandilou a crianzas e adultos

Como espectáculo de maxia  e xogos combinados ofreceunos sempre  mesturados coa música e gran implicación do público como se pode ver na mostra fotográfica e nos vídeos. Houbo  mostra de aparicións sorprendentes, xogos de adiviñación e pequenas e grandes ilusións máxicas. Xogos de cartas, sal infinito, o nó da corda, os aros, a varita máxica, adiviñación de números, sombras chinesas, xogos visuais para crianzas e moitos máis.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?