O pasado xoves 26 de Febreiro ás 12.30 h o Delegado Territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou Sandiás para supervisar sobre o terreo investimentos da Xunta de Galicia e reunirse co equipo de goberno para escoitar propostas e demandas en relación coas necesidades do concello.
O alcalde, Felipe Traveso e varios membros do equipo do goberno acompañaron ao delegado sobre o terreo para comprobar a evolución das obras de mellora de camiños que se están realizando nas aldeas de Arcos e Zadagós, ao abeiro do Plan Camiña Rural, nas que a consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega de Desenvovemento Rural, máis de 48.000 euros.
Na visita na Casa do Concello ao redor dunha hora e media o delegado destacou accións da Xunta na mellora das vías co obxectivo de xerar cohesión social e territorial e mellorar as condicións de vida e de traballo no medio rural. Tamén recordou que o goberno galego ten aberto prazo de axudas para mellora de camiños rurais apostando pola dinamización social e económica do agro.
Así mesmo, o equipo de goberno trasladoulle ao delegado as necesidades do concello, lembrando polo miudo proxectos que xa están en marcha e outros varios que lle interesa que comecen o seu camiño de realización. O delegado mostrouse moi receptivo ás propostas e demandas e indicou que lle dará traslado das mesmas á Xunta.
Manuel Pardo, visitou Sandiás en diversas ocasións durante 2025 para supervisar investimentos en infraestruturas e actuacións en patrimonio. Destacan as súas visitas para impulsar a posta en valor da Torre do Castro e xestionar axudas de eficiencia enerxética. No seu momento subliñou a importancia da conservación da Torre do Castro en Sandiás, destacando actuacións arqueolóxicas e de roza xunto a outros Bens de Interese Cultural (BIC) da zona. Visitou tamén xunto á conselleira de Vivenda, María M. Allegue, as obras en Santa Ana, que contaron cun investimento de 320.000 euros e mencionou a inclusión de Sandiás en programas da Xunta, incluíndo melloras en redes de saneamento e axudas para a eficiencia enerxética en edificios municipais.