María Álvarez Manso de Cardeita, premiada no concurso sobre a Constitución cun traballo sobre a preservación da Torre do Castro 

Entre as premiadas no concurso de redacción sobre a Constitución Española recolleu o seu premio acompañada pola súa familia e amigos, María Álvarez Manso de Cardeita (Sandiás). O traballo versou sobre un comentario ao artigo 46 da Constitución que fala da obriga dos poderes públicos de protexer o patrimonio cultural e histórico. María parafrasea e aplica ao ben cultural da arquitectura militar da Torre do Castro ó devandito artigo, valorándoo como positivo así como o papel que xogan as institucións e en concreto o alcalde da localidade no interese pola súa preservación.

A cita levouse a cabo o pasado 6 de decembro no Auditorio Municipal de Ourense. Devandito Auditorio acolleu o acto institucional organizado pola Subdelegación do Goberno. Contou tamén coa presenza do alcalde de Ourense, o delegado da Xunta, o presidente da Audiencia Provincial, a fiscal xefe de Ourense e cargos do Congreso, Senado, Parlamento Gallego e deputados provinciais, entre outros. Ademáis do discurso e da entrega de premios, o evento incluíu actuacións musicais.

En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?