Mellora de camiños de zonas de concentración nas aldeas As Pegas, Vilariño das Poldras, Coalloso, Areeiras e Corga-Cardeita no Concello de Sandiás cun orzamento de preto de 60.000 Euros

A Orde do 11 de decembro de 2023 regula o Plan de rehabilitación de camiños de zonas de concentración ou reestruturación parcelaria 2023-2024 de mellora de camiños municipais de zonas de concentración ou reestruturación parcelaria rematadas, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao abeiro do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (código de procedemento MR101L)

Este Plan de Rehabilitación de camiños contempla no Concello de Sandiás tres proxectos de mellora de camiños municipais de accesos a parcelas agrícolas:

– Proxecto 1. Proxecto de mellora de Camiño na aldea de Arcos e na Aldea de Vilariño das Poldras.

O camiño da aldea de Arcos da acceso a parcelas, fonte do pobo e parque infantil. Camiño en mal estado, especialmente no inverno. O camiño da aldea de Vilariño das Poldras da acceso a explotacións gandeiras e tiña numerosas fochancas que dificultadas o tráfico rodado. As actuacións previs tas  nos dous camiños realizadas consisten en desbroce vexetación herbácea, limpeza de cunetas, apertura de caixa para firme con macadam, recheo localizado con grava, tripe regla asfáltica e sinais de STOP. O orzamento de execución ascende a cantidade de 48.219,44 Euros. A empresa que executa as obras é EXCAVACIONES P. PROL

-Proxecto 2. Proxecto de mellora de camiño na aldea de Coalloso e no Tesiño

 A vía de O Tesiño-granxa é un camiño que da acceso a unha explotación gandeira. A vía do Tesiño–Lavandeira é un camiño que da acceso a varias parcelas agrícolas e a vía de Sandiás-Coalloso tamén da acceso a varias parcelas agrícolas. En todas elas as actuacións realizadas consisten en desbroce de vexetación herbácea, limpeza de dous foxos con motoniveladora, reino e planeo do camiño e base de zahorra artificial. O orzamento de execuciónn ascende a cantidade de 41.605.04 Euros. A empresa que executa as obras é EXPLOTACIÓNS MEDIOAMBIENTAIS. S.L.U

-Proxecto 3. Proxecto de mellora de camiño na aldea de Cardeita e na aldea da Chousela

O tramo 1 e 2 da aldea de Cardeita e o tramo 1 e 2 da aldea da Chousela dan acceso a  varias parcelas agrícolas.  En ambos tramos as actuacións realizadas consisten en desbroce e reitrada da vexetación herbácea, limpeza de oito foxos con motoniveladora, refino e planeo dos dous tramos e base de zahorra artificial. O orzamento de execución ascende a cantidade de75.585,12 euros. A empresa que executa as obras é OBRAS E ESTRADAS CARREIRA BELLA S.L.

A mellora das infraestructuras rurais mostradas nalgunhas fotografías xeran cohesión social e territorial, melloran as condicións de vida e traballo no medio rural. En particular, os camiños rurais facilitan a accesibiliade e vertebración do territorio e, por outra banda, contribuén ao aumento da competitividade agraria e forestal xa que facilitan o tránsito de maquinaria ás explotacións agrarias, o que redunda nunha maior axilidade das operacións agrarias e nunha reducción de custos e tempos.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?