Mellorada a mobilidade sostible e a seguridade viaria coa senda peonil no camiño de Santiago – Vía da Prata dende Piñeira de Arcos (Sandiás) ata San Salvador dos Penedos

O proxecto supuxo a construción dunha senda peonil na marxe dereita que xa ven facilitando dende hai uns meses o desprazamento de persoas dun xeito cómodo, seguro e accesible, nunha vía de intensidade media de circulación de vehículos e persoas. Son infraestruturas de mobilidade sostible, saudable e segura que inciden positivamente no día a día dos veciños e peregrinos, ao facilitar os seus desprazamentos cotiáns aos distintos equipamentos e servizos.

A Axencia Turismo de Galicia (Xacobeo) que financiou o proxecto finalizou os traballos de renovación do Camiño de Santiago ao seu paso pola parroquia de Piñeira de Arcos (Concello de Sandiás), concretamente dende o cruce da estrada Nacional 525 ata San Salvador dos Penedos (Allariz) no que corresponde ao concello.

O pavimento  dotouse de tratamento especial con cor propia ao tramo de uso de vehículos con elementos como  zahorra estabilizada, cunetas triangulares transitables, suministro e montaxe de arquetas, bordillos rectos de granito gris, creación de pavimento de entrada a fincas, colectores de pluviais, etc.

A empresa adxudicataria que levou a cabo as obras foi EXPLOTACIÓNS MEDIOAMBIENTAIS. S.L.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.