MELLORAS NO ILLAMENTO TÉRMICO E A EFICIENCIA ENERXÉTICA DAS VIVENDAS SOCIAIS

MELLORAS NO ILLAMENTO TÉRMICO E A EFICIENCIA ENERXÉTICA DAS VIVENDAS SOCIAIS DAS ALDEAS DE PIÑEIRA DE ARCOS E COUSO DE LIMIA NO CONCELLO DE SANDIÁS CUN PRESUPOSTO DE PRETO DE 46.000 EUROS

O Concello de Sandiás rehabilitou nos últimos anos  as antigas escolas das aldeas de Piñeira de Arcos e Couso de Limia para diferentes usos como son o de vivendas sociais, velorios e lugares de encontro para os veciños.

Nunha primeira fase os traballos de rehabilitación ocupáronse do acondicionamento interior e agora, na segunda fase abórdanse os relacionados co illamento térmico e a eficiencia enerxética da envolvente de ambos edificios, concretamente a través do illamento das cubertas evitando así a humidade e a redución da demanda de calefacción.

A empresa que realiza os traballos é Explotacións Medioambientais, S. L. cun  orzamento  de 45. 749. 88 Euros.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.