Melloras para minimizar perdas de auga na rede de abastecemento no Concello de Sandiás cun orzamento de preto de 50.000 euros.

O proxecto para a realización das obras redáctase ao amparo da resolución de Augas de Galicia do 29 de decembro de 2023, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva, a través da cal se obtivo o orzamento base de licitación das obras, con IVE incluído, por un importe de 48.250,00 euros.

A análise para a detección de fugas permitiu executar accións que supuxeron unha mellora substancial do sistema de control do volume da auga nos depósitos, mediante lecturas precisas e en tempo real, que miden e permiten alertar sobre posibles perdas de auga. Ademais, realizouse a sectorización mediante a colocación de válvulas de corte ao principio e ao final de cada sector. Para iso, incluíuse a instalación, á saída de varios depósitos de distribución de auga en servizo (aldea de Vilariño das Poldras, Couso de Limia, Sandiás, Novaiño e Piñeira de Arcos), de caudalímetros ultrasónicos dotados dun dispositivo de adquisición de datos con comunicación GSM, así como dun sistema modular de comunicación de alarmas.

Ademais, na ETAP de O Tesiño (aldea de Cardeita), substituíuse o dispositivo de comunicacións de adquisición de datos por unha versión máis moderna. Por outra banda, executáronse obras de sectorización das redes de abastecemento de auga nos núcleos de Couso de Limia e Piñeira de Arcos.

Antes da realización destas obras, o Concello de Sandiás levou a cabo unha auditoría co obxectivo de cuantificar as perdas de auga detectadas nas instalacións de abastecemento en servizo. Posteriormente, en sesión plenaria celebrada o 25 de maio de 2023, aprobouse o Plan de actuacións para minimizar as perdas de auga, a través do cal o concello quedou adscrito ao Plan de actuacións para minimizar as perdas de auga.

Coas obras previstas, o Concello de Sandiás pretende manter a liña que o caracterizou nos últimos anos, coa vontade de executar obras necesarias para reducir as perdas de auga no sistema de abastecemento municipal, contribuíndo así ao cumprimento dos obxectivos ambientais nun escenario complexo de cambio climático, cada vez máis imprevisible.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?