Mitos de lendas do San Xoán arredor da Lagoa de Antela

Texto:Felipe Senén. Arqueólogo, historiador
Foto: Torre do Castro. Alejandro Portela (2021)
 
» […] Hoxe aquí pousaremos nas lagoas, nesas augas coutadas pola terra e a froresta e que poden dar nacemento a un río, […] , outras encoradas artificialmente, cousa á que estaban afeitos os castrexos, ao pe dos seus asentamentos provocaron brañas de xuncos… 
 
[…] O simbolismo mítico dos cataclismos acuáticos está no subconsciente colectivo universal dende a mesma prehistoria, sentimento recollido polos autores máis diversos, Varron, Eusebio de Cesarea, San Agostiño…. dende o «Diluvio Universal», como castigo polo pecado orixinal, entre outros castigos bíblicos polo lume como o de Sodoma. E xa non digamos a Atlántida da que da conta Platón e que tanto serviu de inspiración…a lenda céltica bretona arredor da Illa de Ys… Risco, como non, en Orden y Caos, exégesis de los mitos(1968) estuda o tema dos apocalispsis acuáticos como castigo por insolidariedade ou por tentar contra a natureza, esa palingenesia, catástrofe, ritual de purificación, anovación, sen faltar as hierofanías… inspiradora cultura…[…].
 
En Galiza abondan as lendas das lagoas: […] A lagoa de Antela, chamada no pasado de Beón, na Limia baixa, orixe do «Río do Esquecemento», o Letheo que dicían na Antigüidade, grande lago que é atractivo lugar por todo amante da xeografía e mesmo da Arqueoloxía, ate que, a partir dos anos sesenta do século pasado foi desecada,entón habitada por cisnes boreais, por ras, zamezugas e sañudos cínifes e cuberta de lendas, algunhas contadas por Taboada Chivite, como a que fala da pagán cidade fundada por Anfiloco e que tiña como totem o galo… Dise que alí estaba a cidade de Antioquía, outros que era a de Lucerna, a que pola súa avaricia foi castigada e asolagada.
 
Mesmo se conta que os soldados do Rei Arturo, Carlomagno ou Roldán foron encantados e convertidos en cínifes, que seguen a esperar a volta do seu señor.
 
[…]  Na noite do San Xoán quen teña algo de poesía dis que aínda pode escoitar o tanxer das campás desas cidades asolagadas.
 
 Outras lendas falan dunha princesa-ra….e que a fermosa Inés de Castro que se di nacida na torre de Sandiás pasea como fantasma nos días de néboa sobre a lagoa de Antela […] «
Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?