Moitas grazas Sandiás pola gran resposta á causa solidaria da Campaña de Alimentos 2021

Como sabedes este ano 2021 deuse un paso máis e plantexouse unha maior coordinación, colaborando as tres comunidades parroquiais e o Concello de Sandiás, coa finalidade de facer unha campaña única en todo o territorio.

Deixámosvos un álbum de fotos cos resultados da campaña: 1200 kg de alimentos, 65 caixas embaladas, 25 bolsas de cebolas. Tamén se recolleron xoguetes.

O diñeiro en donativos, que ascendeu a cantidade de 300 euros, investiuse na compra de alimentos básicos, especialmente nas tendas locais do concello.

Os alimentos, como se indicou no seu momento, destináronse ao Banco de Alimentos.

Moitas grazas a todos os implicados nos puntos de recollida de alimentos como a casa do Concello, a comunidade parroquial de Santo Estevo de Sandiás, de San Xoán de Piñeira de Arcos e de Santa María de Couso de Limia. Tamén ao supermercado de Sandiás, a tenda dos pataqueiros de Piñeira de Arcos, ao Colexio de Primaria (CEIP de Sandiás), ao PAI (Punto de Atención Infantil) en Sandiás, e a tenda da Josefina e da Carmen en Couso de Limia.

Destacar tamén a empresa Postoiro no polígono de Vilar de Santos pola doazón dunha importante cantidade de cebolas.

Moitas grazas tamén a todos os voluntarios das catro comunidades parroquiais e do propio concello de Sandiás que puxeron á disposición o seu tempo e vehículos de transporte.

Moitas grazas a todos e todas os veciños e veciñas por achegar cada un o seu gran de area e así lograr unha montaña de alimentos que permita un Feliz Nadal en tódolos fogares, de maneira especial nos máis necesitados.

Ata a próxima.

En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?