Moitas grazas Sandiás pola gran resposta á causa solidaria da campaña de alimentos e roupa 2022

Deixámosvos un álbum de fotos cos resultados da campaña: 800 kg de alimentos, 75 caixas embaladas de alimentos e outros produtos, 52 caixas embaladas de roupa, e entre cebolas e cabazas aproximadamente 1.200 kg. Tamén se recolleron xoguetes.

O diñeiro en donativos, que ascendeu a cantidade de 500 euros, investiuse na compra de alimentos básicos, tamén nas tendas locais do concello.

Os alimentos, como se indicou no seu momento, destináronse ao Banco de Alimentos e a roupa a Cáritas da Comarca de Xinzo de Limia.

Moitas grazas a todos os implicados nos puntos de recollida de alimentos como a casa do Concello, as comunidades parroquiais de Santo Estevo de Sandiás, de San Xoán de Piñeira de Arcos e de Santa María de Couso de Limia. Tamén ao supermercado de Sandiás, a tenda dos pataqueiros de Piñeira de Arcos, ao Colexio de Primaria (CEIP de Sandiás), ao PAI (Punto de Atención Infantil) en Sandiás, e a tenda de Josefina e de Carmen en Couso de Limia.

Destacar tamén a empresa Postoiro no polígono de Vilar de Santos pola doazón dunha importante cantidade de cebolas e destacar tamén algunhas doacións individuais moi xenerosas, que agradecemos de corazón. Moitas grazas tamén a todo o corpo de voluntarios e voluntarias das catro comunidades parroquiais e do propio concello de Sandiás que puxeron á disposición o seu tempo e vehículos de transporte.

Moitas grazas a todos e todas os veciños e veciñas por achegar cada persoa o seu gran de area e así lograr unha montaña de alimentos que permita un feliz Nadal en tódolos fogares, de maneira especial nos máis necesitados.


Ata a próxima!

 

En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?