Deixámosvos un álbum de fotos cos resultados da campaña: 40 caixas embaladas de alimentos cun total de 600 kilos, 80 caixas embaladas de roupa, 100 Kilos de cabazas e 260 kilos de cebolas. Tamén se recolleron 8 caixas de xoguetes.
O diñeiro en donativos, que ascendeu a cantidade de 350 euros, investiuse na compra de alimentos básicos e parte invertiuse nas distintas tendas locais do concello. Os alimentos destináronse a necesidades de varias familias do noso Concello de Sandiás e ao Banco de Alimentos e a roupa e xoguetes a Cáritas da Comarca de Xinzo de Limia.
Moitas grazas a todos os implicados nos puntos de recollida de alimentos como a casa do Concello, as comunidades parroquiais de Santo Estevo de Sandiás, de San Xoán de Piñeira de Arcos e de Santa María de Couso de Limia. Tamén ao supermercado de Sandiás, a tenda dos pataqueiros de Piñeira de Arcos, ao Colexio de Primaria (CEIP de Sandiás), ao PAI (Punto de Atención Infantil) en Sandiás, a Josefina e a tenda da Carmen en Couso de Limia.
Destacar tamén a Cooperativa Postoiro pola doazón dunha importante cantidade de cebolas e cabazas e destacar tamén algunhas doacións individuais moi xenerosas, que agradecemos de corazón. Moitas grazas tamén a todo o corpo de voluntarios e voluntarias das catro comunidades parroquiais e do propio concello de Sandiás que puxeron á disposición o seu tempo e vehículos de transporte.
Moitas grazas a todos e todas os veciños e veciñas por achegar cada persoa o seu gran de area e así lograr unha montaña de alimentos que permita un feliz Nadal en tódolos fogares, de maneira especial nos máis necesitados.
Ata a próxima!