Música, contos e danza para fortalecer os lazos familiares en Sandiás

O PAI acolleu un obradoiro que promoveu a convivencia, a creatividade e a aprendizaxe compartida entre persoas adultas e crianzas

O pasado venres, 5 de xuño, o Punto de Atención á Infancia (PAI) do Concello de Sandiás acolleu o obradoiro “Música e movemento en familia”, unha actividade dirixida por Getsemaní Valenzuela que reuniu familias nun espazo de encontro, expresión e diversión compartida.

A proposta combinou música, literatura infantil e danza para ofrecer unha experiencia participativa na que persoas adultas e crianzas puideron gozar dun tempo de calidade a través do movemento, o xogo e a creatividade. Durante a sesión, as familias exploraron diferentes formas de expresión corporal e musical, creando un ambiente de complicidade e aprendizaxe mutua. A música converteuse así nunha ferramenta para fortalecer os vínculos afectivos entre os máis cativos e as súas familias.

Entre os principais obxectivos da actividade destacou o fortalecemento do vínculo afectivo entre os membros da familia, favorecendo a conexión emocional mediante o contacto, a mirada e o xogo compartido. Ademais, o obradoiro promoveu a corresponsabilidade  ofrecendo un espazo de lecer activo no que compartir experiencias significativas.

A iniciativa tamén permitiu ás nais e pais coñecer de primeira man ferramentas e recursos relacionados coa música e o movemento, que poderán aplicar posteriormente no fogar para seguir estimulando o desenvolvemento e a creatividade das crianzas.

Esta actividade converteuse nunha oportunidade para reforzar os lazos familiares e desfrutar dunha experiencia enriquecedora na que a música, os contos e a danza foron os grandes protagonistas. Agradecer a excelente participación das familias e o ambiente de entusiasmo vivido ao longo da xornada. A dirección do Pai de Sandiás agradece a implicación de todas as persoas participantes e reafirma a súa aposta por iniciativas que contribúan ao desenvolvemento integral da infancia a través do xogo, a arte e a expresión corporal.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.