Neste Ano Oteriano 2026, a Furgoteca chega ao Centro de Interpretación da Lagoa de Antela que, en colaboración coa Fundación Otero Pedrayo, organiza unha xornada en torno á figura do Patriarca das Letras Galegas: “A ollada de don Ramón Otero Pedrayo á xeografía e paisaxe da Limia e á Lagoa de Antela

🌀Terá lugar este sábado, 12 de setembro, no Centro de Interpretación da Lagoa de Antela, en Sandiás, a partir das 19:00h. Contará coas conferencias de

🗣️ Augusto Pérez-Alberti, profesor e catedrático de xeografía na Universidade de Santiago de Compostela: “Otero Pedrayo e a paisaxe”

🗣️ Xosé Benito Reza, director de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia, escritor e divulgador: “A memoria recuperada. Un texto literario”

📽️ E tamén contará coa presentación de María José Bravo e Eduardo López Pereira do documental “Ramón Otero Pedrayo, dereito á paisaxe” .

🍪 Para rematar, haberá uns petiscos de amizade

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.