Nin a choiva nin o frio impediron que os Reis Magos en Sandiás trouxesen agasallos aos máis pequenos e aos máis maiores

O venres 5 de Xaneiro pola tarde os Reis Magos de Oriente visitaron aos 26 cativos e cativas das 11 aldeas do Concello de Sandiás e aos veciños e veciñas da Residencia Comunitaria Géminas en Piñeira de Arcos. 

 

Nin a choiva o vento e o frio impediron que Melchor, Gaspar e Baltasar visitasen con moitos agasallos aos máis pequenos e maiores do Concello de Sandiás. Foi unha ruta moi emocionante, xa que segundo as súas Maxestades «os nenos e nenas de Sandiás son encantadores e con gran paixón imaxinativa, moi educados e intelixentes xa que escoitaron con atención as consellas para deitarse cedo e durmir para recibir de noite os agasallos”.  

 

Ademáis de visitar cada casa dende a que mandaron a carta en prazo, un lugar moi especial onde os esperaban foi a Vivenda Comunitaria “Géminas” en Piñeira onde levaron unha gran sorpresa pola visita das súas maxestades. Gaspar, moi emocionado coa recepción dos máis maiores na vivenda comunitaria, declara que «volverán sen ningunha dúbida o próximo ano» porque considera que «poucos sitios son tan fermosos e gardan tantos tesouros de sabiduría humana como este Concello». 

 

En palabras de Melchor, «os tres Reis Magos agradecemos enormemente a colaboración inestimable dos traballadores do Concello e algúns veciños que nos guiaron certeiramente por todo o Concello».

En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?