Noticias menores no Concello de Sandiás

OUTRAS NOTICIAS MENORES DO CONCELLO DE SANDIÁS

Detallamos brevemente informacións sobre outras melloras e iniciativas menores pero non por iso menos importantes nas que estiveron traballando institucións públicas a demanda do Concello e outras nas que estivo implicado o propio concello ao longo da primaveira e do verán. Algunhas das máis significativas:


 Colocación polo Ministerio de Fomento dun valo protector de madeira á beira do regato que cruza a Nacional 525 en Sandiás

 Limpeza e roza do leito e beiras do regato “Piñeira” desde os pontillóns do barrio da Ponte ata os pontillóns do nacente do río en Piñeira de Arriba por parte da Xunta de Galicia (Patrimonio Natural).

 Renovación da porta de entrada ao forno comunal da aldea de Sandiás. Ten como obxectivo o mantemento do patrimonio etnográfico evitando o seu deterioro. A intervención levouna a cabo o obradoiro dual de emprego Xinzo-Sandiás.

 Renovación da porta de entrada ao forno comunal da aldea da Lavandeira. Ten como obxectivo o mantemento do patrimonio etnográfico evitando o seu deterioro. A intervención levouna a cabo o obradoiro dual de emprego Xinzo-Sandiás.

 Aprobada adenda proxecto saneamento da aldea de Cerredelo coa finalidade de facer intervención para  independizar as augas pluviais das fecais.

 Bacheos puntuais de alguns camiños e estradas do concello como o do Tesiño na aldea de Cardeita, na zona do Regueiriño, en pistas de Sandiás a Vilariño das Poldras e outras varias coa colaboración da Deputación Provincial.

 O libro “Arcos, historia, memoria e experiencia comunitaria” realizado pola veciñanza de Arcos xa  está a disposición de todos os lectores e lectoras na Biblioteca Móvil da Furgoteca. Chegará os concellos da zona de Ourense Occidental e tamén ás 18 aldeas ou núcleos poboacionais do concello de Sandiás. Un libro fruto dunha experiencia comunitaria que nos achega dun xeito sintético e sinxelo  ás singularidades do pobo de Arcos relativas a toponimia, historia local, minifundismo, idades da vida, cultura e educación, labores agrícolas, o alén, etc.

 Polo seu deterioro ou desaparición, renovación progresiva de sinais na estrada Nacional 525 demandadas a Fomento. Neste caso colocada no Novaiño.

 Apertura da Exposicion de Pintura (50 pezas realizadas polo obradoiro ao longo de todo o ano) na sala de exposición da Casa da Cultura durante todo o mes de Agosto para ser visitada ao longo de toda a semana entre 16.00 h e 20.00 h.

 Actuacións do Obradoiro dual de emprego Xinzo-Sandiás no concello: instalación de tarima flotante no Ceip de Sandiás e na Casa do Concello, instalación de cubrecontenedores na aldea de Sandiás ao carón do Centro de Saúde, renovación da porta de entrada ao Forno Comunal da aldea da Lavandeira, renovación da porta de entrada ao Forno Comunal da aldea de Sandiás, instalación de baranda no Ceip de Sandiás, traballos ornamentais no Centro Social que poñen en valor a arquitectura tradicional da zona e limpeza e desbroces de áreas recreativas en diversos núcleos de poboación do concello.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?