Nova cita coa Furgoteca en Sandiás na ruta 1 deste luns 14 de abril.

A biblioteca móbil da Xunta de Galicia chega de novo ao noso concello! Este mes de abril, a Furgoteca fará parada en varias localidades de Sandiás para achegar a lectura a toda a veciñanza.
 
📅 Datas e ruta 1: 14 abril, luns
 
📍 Sandiás e Coalloso (Praza do Concello) – 10:00 h a 11:00 h
📍 Santana, Novaíño, Ladeira, As Pegas e O Castro (Praza Centro de Santa Ana) – 11:15 h a 11:40 h
📍 Piñeira, A Fontela e Arcos (Vivenda Géminas) – 12:00 h a 13:00 h
📍 Couso de Limia (Forno) – 15:00 h a 15:50 h
📍 Vilariño das Poldras (Aira da Pata) – 16:00 h a 17:00 h
 
↪️ Aproveita esta iniciativa e vén buscar carnet de Usuario. Préstamo de libros, revistas, prensa, publicacións periódicas, videoxogos, películas en DVD,  préstamo de tablets, cómics, recomendacións de lecturas…
 
Ao longo de toda a Xornada, os lectores/as que se achegen podrán disfrutar da actividade: «O raposo lambón». Esta actividade ten como principal personaxe un raposo que, despois de todo o inverno, ten moita fame e por iso enguliu as vogais de varios contos.
Coa axuda das persoas participantes conseguiremos coñecer cales son eses contos e porque tanto lle gustaron ao raposo lambón.
Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?