Este martes 1 de abril, a biblioteca móbil da Xunta de Galicia chega de novo ao noso concello dentro da ruta 2, para achegar a lectura a toda a veciñanza.
Durante o mes de abril, a Furgoteca fará parada en diferentes puntos de Sandiás. Aquí tes os horarios e lugares desta nova visita:
📅 Data: Martes, 1 de abril
🛣 Ruta 2:
📍 Cerredelo (a carón da marquesiña) – 10:00 h a 10:30 h
📍 Sandiás (CEIP e PAI) – 10:45 h a 13:00 h
📍 Chousela, A Corga e Cardeita (Escolas da Corga) – 15:00 h a 15:45 h
📍 Lavandeira e Zadagós (Centro Orixe) – 16:00 h a 17:00 h
↪️ Aproveita esta iniciativa para conseguir o teu carné de usuario e acceder ao servizo de préstamo de libros, revistas, prensa, publicacións periódicas, videoxogos, películas en DVD, tablets, cómics e recomendacións lectoras 📖