O Concello de Sandiás conta con outra nova marquesiña instalada na aldea de Coalloso (Sandiás) ao carón da Nacional-525 en dirección Ourense-Xinzo. A actuación apoia o Plan de mellora de refuxios de paradas dos servizos públicos de transporte de viaxeiros. O custe foi de aproximadamente 4000€ aportados polo Concello de Sandiás.
Ultimamente o Concello vén de instalar varias marquesiñas en distintas aldeas (A Fontela, Sandiás, Piñeira de Arcos, Novaíño, Couso de Limia) e continuará con dito plan de mellora e renovación de refuxio de paradas.
Trátanse de marquesiñas cun deseño máis integrado na paisaxe e adaptado ao mundo rural e con maior funcionalidade. Cumpren coas normativas vixentes de prevención de incendios e seguridade viaria.